Jun 20 2014 0

Unha aposta pola seguridade nas estradas provinciais

A empresa Carferlo SL, con sede en Xove, é a encargada de acometer o servizo de conservación de vías no municipio de Xermade

Fundada en 1998, Carferlo SL, adícase á execución de obra civil; ó transporte; ó tratamento de residuos de construción; e á fabricación de formigón asfáltico na súa propia planta.

A seguridade dos usuarios das estra- das provinciais, solucionar de forma áxil e e caz as incidencias que pode presen- tar unha vía e manter o bo estado das mesmas son os obxectivos do Plan de Conservación de Estradas, que nancia e executa a Deputación de Lugo nos 4.200 Kilómetros de vías de toda a provincia de Lugo. Trátase dun plan no que se in- viste a cifra récord de 18 millóns de euros, e que, por primeira vez, inclúe cláusulas sociais que blindan ós traballadores das empresas adxudicatarias.

O municipio de Xermade forma parte da denominada zona1, que no mapa da provincia comparte zona con Vilalba e os concellos da Mariña Lucense. A empresa Carferlo SL, con sede en Xove,é a que leva a cabo todos os plans de adecuación e mellora nas estradas deste concello, con dez parroquias no seu haber e máis de 167 quilómetros cadrados de extensión.

Fundada en 1998, Carferlo SL adícase á execución de obra civil; ó transporte; ó tratamento de residuos da construción e da demolición; e á fabricación de formi- gón asfáltico, para o que dispón dunha planta propia en Xove, municipio na que tamén atópase a sede da compañía.

Nesta anualidade, ademais de levar a cabo desbroces e limpeza en todas as vías provincias para garantir a seguridade dos seus usuarios e evitar incendios forestais, tamén se reformou a estrada que une a Penela con Paidavella, unha travesía preto de Roupar limítrofe co concello de Muras, e que dá servizo a moitos veciños da zona. Así mesmo tamén se completou a sinalización coa colocación de espellos reflectantes en zonas de pouca visibilidade.

Descarga el artículo