Jul 3 2014 0

Unha aposta pola seguridade nas estradas provinciais

A Deputación de Lugo, a través da empresa Carferlo, acometeu o asfaltado na estrada que une a Ponte de Saa coa igrexa de Insúa

A empresa Carferlo, con sede en Xove e fundada en 1998, adícase á execución de obra civil; ó transporte; ó tratamento de residuos de construción; e á fabricación de formigón asfáltico na súa propia planta

A seguridade dos usuarios das estradas provinciais, solucionar de forma áxil e e caz as incidencias que pode presentar unha vía e manter o bo estado das mesmas son os obxectivos do Plan de Conservación de Estradas, que nancia e executa a Deputación de Lugo nos 4.200 Kilómetros de vías de toda a provincia de Lugo. Trátase dun plan no que se inviste a cifra récord de 18 millóns de euros, e que, por primeira vez, inclúe cláusulas sociais que blindan ós traballadores das empresas adxudicatarias.

O municipio de Vilalba forma parte da denominada zona1, que no mapa da provincia comparte zona con Xermade e os concellos da Mariña Lucense. A empresa Carferlo SL, con sede en Xove, é a que leva a cabo todos os plans de adecuación e mellora nas estradas deste concello, o segundo en extensión da provincia de Lugo, despois do municipio de A Fonsagrada.

Fundada en 1998, Carferlo SL adíca- se á execución de obra civil; ó transporte; ó tratamento de residuos da construción e da demolición; e á fa- bricación de formigón asfáltico, para o que dispón dunha planta propia en Xove, municipio no que tamén se atópa a sede da compañía.

Nesta anualidade levouse a cabo a necesaria reforma da estrada que une a Ponte de Saa coa igrexa de In- sua, unha vía en mal estado que foi dotada con aglomerado en quente nunha distancia dun quilómetro. Estas obras permiten que moitos veciños que viven en San Cosme de Nete, Ladra ou mesmo en Insúa conten cunha mellor comunicación dende a Nacional 634. Así mesmo tamén se levaron a cabo diversas tarefas de desbroce e limpeza en todas as vías provinciais, un cometido que pre- tende garantir a seguridade dos seus usuarios, mellorando a visibilidade nas mesmas.

Descarga el archivo